Hosting por dinahosting.
LAZOS Pro-Solidariedade

Hepatite C

¿Qué é a hepatite C?

E unha enfermidade do fígado, causada por un virus, o virus da hepatite C.

¿ É unha enfermidade crónica?

O virus da hepatite C entra no organismo, ataca o fígado e produce a infección. O 70- 80% das persoas infectadas quedan crónicamente infectadas.

 

¿Qué síntomas produce?

A maioría das persoas non teñen síntomas durante a infección, a veces hai síntomas leves como cansanzo, dores musculares, falta de apetito, dor abdominal…
Nalgunhas persoas os síntomas son máis graves e van acompañados de cor amarelada da pel.

A hepatite C crónica tamén pode cursar sen síntomas, aínda que algunhas persoas poden presentar fatiga e cansanzo; e co paso do tempo outros síntomas como perda de apetito, cambios de humor, depresión, dor abdominal…
A enfermidade pode progresar de diferentes formas, na maioría pasan moitos anos antes de que o fígado sufra danos que dificulten o seu funcionamento.
Nalgunhas persoas aparecen problemas articulares, renais, musculares e da pel.
Poden producirse danos graves: cirrose, cancro fígado…
Nos casos graves é necesario o transplante.

 

¿Cómo sei se teño hepatite C?

Mediante a realización de análises de sangue.
A veces para saber o danado que está o fígado é necesario a realización de unha biopsia de fígado.

 

¿Cómo se transmite o virus da hepatite C?

A principal vía de transmisión é o contacto directo de sangue con sangue:

Uso compartido de xeringas e outros útiles para a administración de drogas ( culleres, filtros, tubos para nifrar…).
Agullas de tatuaxe, acupuntura, piercing… se non están esterilizadas.
Uso compartido de obxectos persoais que poidan conter sangue ( cortaunllas, limas manicura, coitelas de afeitar, cepillos de dentes…).

Non se transmite por contacto casual: tos, estornudos, compartir vasos e pratos, compartir baño… tampouco mediante a lactancia materna.

A transmisión sexual ten un risco moi baixo de contaxio…., ao igual que a de nai- fillo.

 

Prevención

Non existe vacina. A única forma de previr a hepatite C é evitando conductas nas que poidamos infectarnos:

Evitar compartir xeringas, agullas, filtros, culleres, tapóns, tubos para nifrar, auga para inxección….
Non compartir útiles persoais que poidan conter sangue (aínda que sexa moi pouco): escovas de dentes, cortaunllas, coitelas afeitar….
Asegurarse que o instrumental de realización de tatuaxes, piercing, acupuntura… esté esterilizado.
Usar luvas cando exista o risco de contactar con sangue.
Durante a menstruación e se existen feridas nos xenitais utiliza preservativo nas relación sexuais, ao haber sangue existe maior risco,
Aínda que a transmisión sexual é rara, aconséllase a utilización de preservativo.

 

Coinfección VHB/ VHC

Estar infectado polos dous virus, pode causar danos hepáticos máis graves que por só un.
Existe un risco máis alto de desenvolver cancro de fígado e hepatite fulminante.

 
¿Qué coidados debo ter se teño hepatite C?

Evita a transmisión do virus a outras persoas:
Non compartas xeringas nen material de preparación drogas (filtros, culleres, tubo…)
Non compartas útiles persoais que poidan ter sangue..
Cubre as feridas e cortes para evitar que outros entren en contacto con sangue.
Desfaite adecuadamente de materiais que conteñan sangue : vendas, gasas, agullas, tampóns, compresas….
Unha boa hixiene bucal é importante para previr o sangrado das enxivas.

Ademáis de para non transmitir o virus a outros, débes ter conductas seguras para evitar as reinfeccións, xa que poden complicar o curso da enfermidade.

Evita beber alcohol.
Visita o médico regularmente, según te indique.
Informa os teus médicos dos medicamentos, plantas medicinales e terapias alternativas que estexas tomando. Non tomes máis da dose recomendada de fármacos.
Evita a exposición a fumes e líquidos tóxicos como disolventes, pinturas, pesticidas, aerosois… se non o podes evitar protéxete cubrindo a pel, usando luvas e máscara.
Informa o médico e o persoal sanitario de que tes hepatite C.
Practica exercicio moderado con regularide e sigue unha dieta equilibrada.

 

¿ Hai tratamento para a hepatite C crónica?

Non todas as persoas con hepatite C precisan tratamento, o médico decidirá quen se poderá beneficiar del, dependendo do dano do fígado e do estado xeral de saúde do infectado.

Actualmente utilízase para o tratamento: interferón pegilado e ribavirina.

Os efectos secundarios poden ser severos e non todas as persoas sometidas o tratamento obteñen resultados positivos.
Alimentación:

Non hai unha dieta especial para a hepatite C.
O fígado procesa todo o que comemos e bebemos, polo que é importante seguir unha dieta equilibrada e saudable.
Recoméndase que sexa baixa en graxas e sal, con abundantes vexetais.
Débese reducir o consumo de alimentos enlatados, conxelados e en conserva, xa que conteñen moitos aditivos que poden ser dañinos para o fígado.
As froitas e verduras de cultivo biolóxico son máis recomendables porque non teñen pesticidas e fertilizantes.
Recoméndase evitar mariscos crudos ou pouco cocidos como ostras e ameixas, pois poden ter toxinas que perxudican o fígado.
Coidado cos suplementos vitamínicos, tómaos baixo supervisión sanitaria. Doses elevadas de algunhas vitaminas ( especialmente A e D) e de ferro poden ser perxudiciais para o fígado.