Hosting por dinahosting.
LAZOS Pro-Solidariedade

Hepatite B

¿Qué é a hepatite B?

É unha enfermidade do fígado, causada por un virus, o virus da hepatite B.

¿Qué síntomas produce?

A maior parte das persoas non teñen síntomas. Cando hai síntomas, acostuman ser moi parecidos cos da gripe: febre, dor muscular, cansanzo, falta de apetito, náuseas… Algunhas veces poden ser máis graves: vómitos severos, cor amarelada da pel e ollos, inchazón do abdomen… cando esto ocurre require atención médica inmediata. Pódese ter hepatite B crónica e durante moitos anos, non ter ningún síntoma, pero mentras tanto o virus continúa danando o fígado.

¿ É unha enfermidade crónica?

Cando o virus entra no organismo, ataca o fígado e produce a infección. Normalmente, os adultos sans combaten o virus, desenvolven anticorpos que os protexerán de infectarse outra vez. Se o virus permanece no sangue máis de seis meses, fálase de infección crónica ou hepatite B crónica.

¿Se teño hepatite crónica vou caer enfermo?

  • Algunhas persoas que teñen a infección crónica, nunca desenvolven a hepatite crónica, son os chamados portadores sans. Non están enfermos pero teñen o virus, poden transmitilo, e deben levar un seguimento médico xa que están en risco de vir a desenvolver enfermidade hepática.
  • As persoas con hepatite B crónica teñen un risco maior de desenvolver algunha enfermidade hepática grave. O virus pode danar durante anos o fígado sen que se produzan síntomas. Pode levar a cirrose ou cancro hepático. O seguimento médico debe ser máis frecuente.

¿Cómo sei se estou infectado?

A presenza do virus no organismo detéctase mediante un análise de sangue. Coa proba podemos saber se temos o virus no sangue ou se xa tivemos contacto con el e agora estamos inmunizados.

¿Cómo se transmite o virus?

  • Transmisión sanguínea: contacto directo sangue con sangue.
  • Transmisión sexual: relacións sexuais sen protección.
  • Transmisión nai- fillo: durante o parto.

A hepatite B é 100 veces máis contaxiosa que o VIH…

O virus non se transmite  polas feces, alimentos contaminados, auga, insectos, leite materno, pola tose ou estornudos, bicos…

Pode transmitirse por compartir obxectos que poidan estar contaminados con sangue ( cortaúñas, coitelas de afeitar, escobas de dentes…), compartir materiais para a administración de drogas (xeringas, culleres, tapóns, tubos para nifrar…), utilizar agullas non esterilizadas para tatuaxes, piercing…), relacións sexuais sen preservativo…

¿Cómo podo previr a infección?

  • Existe unha vacina eficaz para a hepatite B que se administra en tres doses.
  • Evitando conductas de risco, o que ademais nos protexerá do contaxio de outras enfermidades que se transmiten da mesma forma e para as cales non existe vacina.
  • Tamén existe unha inmunoglobulina que se administra xunto coa primeira dose da vacina, e nos protexe de padecer a hepatite B, se se administra 72 h. despois de ter estado exposto o virus. O médico, decidirá en que casos pode ser beneficiosa a súa administración.

¿ Qué coidados debo ter se teño hepatite B?

Evitar a transmisión do virus a outras persoas:

  • non compartas utiles persoais que poidan ter sangue…
  • utiliza preservativo nas relacións sexuais se a parella non está vacinado ou non sabes se o está.
  • Non compartas xeringas nen outros utiles para administración de drogas
  • Cubre as feridas e cortes
  • Desfaite adecuadamente de materiais que conteñan sangue : vendas, gasas, agullas, tampóns, compresas….

Ademáis de para non transmitir o virus a outros, débes ter conductas seguras para evitar as reinfeccións, xa que poden complicar o curso da enfermidade.

  • Procura un seguimento médico regular.
  • Informa os teus médicos dos medicamentos, plantas medicinales e terapias alternativas que estexas tomando.
  • Evita o alcohol.
  • Evita a exposición a fumes e líquidos tóxicos como disolventes, pinturas, pesticidas… se non o podes evitar protéxete cubrindo a pel, usando luvas e máscara.
  • Non superes as doses recomendadas de medicamentos.
  • Informa o médico e o persoal sanitario de que tes hepatite B.
  • Practica exercicio moderado con regularidade.
  • Sigue dieta equilibrada.

¿ Hai tratamento para a hepatite B crónica?

Aínda non existe unha cura completa para a hepatite B crónica. Hai tratamentos que axudan a retrasar a progresión da enfermidade e disminuen o risco de desenrolar enfermidades graves do fígado.; aínda que a maior parte das persoas non precisan tratamento. O médico mediante o seguimento do paciente e a realización de diferentes probas, determinará quen se podería beneficiar do tratamento. Actualmente utilízase para o tratamento: interferón, lamiduvina e adefovir. Pode utilizarse un só ou en combinación entre eles. Os efectos secundarios poden ser severos e non todas as persoas sometidas o tratamento obteñen resultados positivos.

Alimentación:

Non hai unha dieta especial para a hepatite B. O fígado procesa todo o que comemos e bebemos, polo que é importante seguir unha dieta equilibrada e saudable. Recoméndase que sexa baixa en graxas e sal, con abundantes vexetais.

Débese reducir o consumo de alimentos enlatados, conxelados e en conserva, xa que conteñen moitos aditivos que poden ser dañinos para o fígado.As froitas e verduras de cultivo biolóxico son máis recomendables porque non teñen pesticidas e fertilizantes. Recoméndase evitar mariscos crudos ou pouco cocidos como ostras e ameixas, pois poden ter toxinas que perxudican o fígado.

Coidado cos suplementos vitamínicos, tómaos baixo supervisión sanitaria. Doses elevadas de algunhas vitaminas ( especialmente A e D) e de ferro poden ser perxudiciais para o fígado.